Aneto | Adam Foods

Só con ingredientes frescos e 100 % naturais

Visitar o sitio web

Especialistas en caldos 100 % naturais

En Aneto elaboramos todos os nosos caldos 100 % naturais con ingredientes frescos e cocidos a lume lento nunha ola, co gallo de igualar a calidade e o sabor das receitas tradicionais feitas na casa.

Só con ingredientes frescos e naturais de verdade

Diariamente compramos as verduras, carne e peixes máis frescos do mundo. Seleccionámolos coidadosamente, lavámolos e cortámolos.
Imagen de Aneto | Adam Foods España
Imagen de Aneto | Adam Foods España

Como o farías ti na casa, como se fixo sempre

Igual que coas receitas tradicionais, non engadimos nada que non poidas atopar no mercado ou na casa. Porque para cociñar un bo caldo, só se necesitan ingredientes de calidade, nada máis. Nin concentrados nin deshidratados, nin aromas engadidos.

Pero en olas 750 veces máis grandes

Dependendo da variedade, previamente enfornamos as carnes, sofriximos as verduras con carne ou marisco ou deixamos os garavanzos a remollo pola noite. Vertemos os ingredientes directamente en olas de 3000 litros e cocémolos máis de tres horas a lume lento, ou dúas horas no caso do caldo de peixe.
Imagen de Aneto | Adam Foods España
Imagen de Aneto | Adam Foods España

Para que goces dun bo caldo

Por iso temos máis de 28 variedades, que podes utilizar para os pratos do día a día ou en ocasións especiais.