Grupo Adam Foods

Adam Foods é un grupo de empresas de alimentación con máis de 100 anos de historia. Todas as nosas empresas son autónomas, pero están interconectadas e comparten os mesmos valores, unha misión e visión únicas e un propósito enorme: que todos gocemos grazas á nosa paixón pola alimentación sostible! Cociñamos e comercializamos galletas, caldos, patés, pastelería, mel e pan. En todos os nosos produtos e marcas, seguimos tres principios fundamentais que nos caracterizan e definen:

Misión

A misión das empresas que forman o grupo Adam Foods é ofrecer á sociedade alimentos saborosos e nutritivos, sempre dun xeito o máis sostible posible para o negocio e o medio ambiente.

É habitual dicir que «comer é un dos grandes praceres da vida», que «estar ben empeza no comer» e que «somos o que comemos». Estas tres cousas son verdade, pero a veces resultan difíciles de compaxinar. En Adam Foods ofrecemos os alimentos máis pracenteiros, cun equilibrio nutricional óptimo, para que todos poidamos gozar compaxinando pracer e nutrición.

Visión

A nosa visión é contribuír cos nosos produtos de alimentación ao gozo da xente de todo o mundo.

Queremos que os nosos consumidores e clientes gocen da alimentación tanto como nós mesmos. Queremos que chegue o día no que sexamos máis felices co que comemos porque gozar contribúe ao noso equilibrio e facelo de xeito sostible co negocio e o medio ambiente, aínda máis.

Valores

As empresas do grupo Adam Foods son todas familiares, o que nos define absolutamente.

O noso máximo valor é a familiaridade. Cremos no traballo en equipo, a solidariedade, a capacidade de comprensión, a inclusión, o espírito emprendedor, o liderado compartido e o activismo responsable. Sentímonos responsables, apaixonados e ilusionados. Sabemos que podemos mellorar, xa que somos críticos e perfeccionistas por igual. E como meta final aspiramos á continuidade: seguir sendo o que sempre fomos sen deixar de captar o que mañá nos fará mellores. Tradición e innovación. Analóxicos e dixitais. A continuidade hai que gañala cada día.

Propósito

O noso propósito é que todos gocemos grazas á nosa paixón pola alimentación sostible.

O noso ámbito de actuación é a alimentación, pero, como acontece con calquera actividade, esta non é unha realidade illada, senón que afecta a nosa vida e a de todo o noso contorno. É por iso que sempre nos esforzamos por estender a nosa responsabilidade un pouco máis lonxe do requirido, para así conseguir que os nosos actos tamén contribúan a unha sociedade mellor e a un medio ambiente máis sostible.

Ven cociñar o teu futuro connosco!

A nosa cociña: ingredientes de calidade, receitas propias e gozar compartindo.
Súmaste á familia Adam Foods?

Descubre novas oportunidades profesionais!