Aviso legal
1. INFORMACIÓN LEGAL E ACEPTACIÓN
Para cumprir co establecido na Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a continuación achégase información xeral sobre este sitio web.
ADAM FOODS, S.L.U., con N.I.F. B-66372202 e con domicilio en rúa Travessera de Gràcia núm. 342, 08025, Barcelona, está inscrita no Rexistro Mercantil de Barcelona, Tomo 44518, Folio 161, folla B-458499. (En diante designarase como «ADAM FOODS»).
Os nomes de dominio adamfoods.com, adamfoods.es, adamfoods.cat, adamfoods.eu, adamfoods.info, adamfoods.org e adamfoods.net pertencen a ADAM FOODS, S.L.U.
Establecemos algunhas normas para garantir que o sitio resulte informativo e útil para todas as persoas que o visiten. Dado que é posible que as cambiemos ou modifiquemos de vez en cando, recomendámoslle visitar esta páxina da nosa Web cada vez que acceda a esta co gallo de coñecer as normas en vigor en cada momento. Ao acceder á Web, acepta cumprir as normas publicadas no portal no momento do acceso.
2. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
Se usa esta Web, asumimos que sabe que contén informacións, comunicacións, fotografías, vídeos, gráficos, música, sons, imaxes, software e outros materiais e servizos (en diante «o Contido»), e que o Contido, así como o seu deseño e códigos fonte son propiedade intelectual de ADAM FOODS ou foron outorgados mediante licenza ou cedidos por subministradores de contido independentes. O usuario desta Web sabe e acepta que ADAM FOODS permite o acceso ao Contido, aínda que este se atopa protexido polas leis de propiedade intelectual e industrial (en diante «os Dereitos»), que son válidas e están garantidas en todos os medios existentes na actualidade ou que se desenvolvan no futuro. O usuario acepta que o uso do Contido está suxeito a estas normas e se rexe por elas, ademais de polos Dereitos, así como polas leis de propiedade privada aplicables.
En consecuencia, todo o Contido da Web de ADAM FOODS está protexido polos Dereitos e ADAM FOODS é propietario, ou no seu caso licenzatario, do mesmo; por iso, o usuario non pode modificar o Contido (parcial o totalmente), alteralo, copialo, reproducilo, publicalo, transmitilo, participar na súa transferencia ou venda, reproducilo, desenvolver traballos derivados del, distribuílo, amosalo, expoñelo ou, de calquera xeito, explotalo.
A compilación (é dicir, a recompilación, deseño, ordenación e montaxe) de todo o Contido da Web pertence a ADAM FOODS e está igualmente protexida por leis nacionais e internacionais de propiedade intelectual e industrial.
Queda prohibido crear unha ligazón ou un contido de correo dende calquera URL ata a Web de ADAM FOODS sen o permiso expreso por escrito de ADAM FOODS, segundo sexa o caso. Contacte co responsable da Web se ten calquera dúbida ou suxestión.
ADAM FOODS é unha marca rexistrada. Todos os dereitos reservados.
Os dereitos de propiedade intelectual ou industrial de calquera outra marca, nome de produto ou empresa mencionados neste sitio web foron rexistrados polas súas respectivas empresas propietarias. Queda prohibida a reprodución total ou parcial sen a autorización dos propietarios.
Faise saber que, se o usuario publica contidos nas seccións habilitadas para este fin nesta Web ou nos perfís sociais de ADAM FOODS, está concedendo a este unha licenza para os dereitos de propiedade intelectual ou industrial que lle puidesen corresponder respecto aos devanditos contidos. A devandita licenza non é exclusiva e abarca a totalidade dos dereitos e modalidades de explotación destes contidos (por exemplo, entre outros, reprodución, distribución, comunicación pública e transformación mediante modificación da forma, incluída a autorización para a creación de obras compostas, por calquera medio e en calquera formato ou soporte, tanxible ou intanxible, con inclusión expresa das actividades publicitarias ou promocionais, TV e Internet), para todo o mundo e durante toda a súa vida legal, sen dereito a percibir por iso ningunha remuneración.
3. CONDICIÓNS DE USO DO PORTAL
Contacte co responsable da Web se ten calquera dúbida ou suxestión a través do seguinte enderezo de correo electrónico: info@adamfoods.es
O usuario comprométese a facer un uso axeitado dos contidos da Web e está obrigado a:
- Fornecer información fidedigna e exacta en relación cos datos solicitados nos diferentes formularios e mantela actualizada mentres faga uso da Web.
- Non incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e a orde pública.
- Non difundir contidos nin propaganda de carácter racista, xenófobo ou discriminatorio por razón de raza, sexo, ideoloxía ou relixión, ou que atente de calquera xeito contra a moral, a orde pública, os dereitos fundamentais, as liberdades públicas, a honra, a intimidade ou a imaxe de terceiros e en xeral a normativa vixente.
- Non provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos da Web, dos provedores de ADAM FOODS ou de terceiros, nin introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outro sistema físico ou lóxico que poida provocar os danos anteriormente mencionados.
- Non utilizar os contidos e a información da Web para remitir publicidade ou enviar mensaxes con calquera outro fin comercial, nin para recoller ou almacenar datos persoais de terceiros.
Non intentar acceder a contas de correo electrónico nin utilizalas para modificar ou manipular as mensaxes.
ADAM FOODS non ten ningún control sobre quen accede á súa Web e a localización destas persoas. A pesar de que ADAM FOODS é consciente deste feito, isto non significa que se someta ás xurisdicións de países estranxeiros; por tanto, en caso de conflito ou reclamación en relación a esta Web, serán os xulgados e tribunais da cidade de Barcelona (España) os únicos competentes.
ADAM FOODS poderá efectuar todas as modificacións técnicas que sexan necesarias para mellorar a calidade, o rendemento, a eficacia do sistema e a conexión a redes telemáticas ou Internet.
ADAM FOODS reserva o dereito de modificar a información da Web sen previo aviso.
ADAM FOODS queda especialmente eximido da responsabilidade por deficiencias do servizo imputables ao centro servidor ou redes de conexión, así como polos danos que calquera virus informático poida causar.
ADAM FOODS non se fai responsable da verosimilitude da información fornecida por terceiros e incluída de xeito directo ou mediante ligazón nesta Web.
4. REDES SOCIAIS
ADAM FOODS pode estar presente en redes sociais como Facebook ou Instagram mediante a creación de perfís propios. O tratamento dos datos dos usuarios que se fagan seguidores dos perfís sociais de ADAM FOODS rexerase por:
as políticas de privacidade e condicións de uso que se especifiquen no perfil creado por ADAM FOODS;
as estipulacións da presente Política de privacidade e Condicións de uso;
as políticas de privacidade e condicións de uso que teñan establecido as propias redes sociais. En caso de conflito, aplicaranse con carácter preferente as normas establecidas no perfil oficial de ADAM FOODS e, no seu defecto, nas presentes condicións.
ADAM FOODS tratará os datos dos usuarios que se fagan seguidores ou fans de calquera dos seus perfís co gallo de administrar correctamente estes, recibir opinións e comentarios dos usuarios e informar a estes sobre diferentes concursos, promocións ou eventos organizados pola empresa e facelos partícipes dos mesmos. Ao facerse fans ou seguidores do perfil, os usuarios consenten no tratamento de datos no contorno da rede social de conformidade coas políticas de privacidade establecidas na mesma e no acceso de ADAM FOODS aos datos incluídos na lista de fans ou seguidores nos termos xa mencionados.
ADAM FOODS poderá eliminar do seu perfil calquera información que estea en contra das normas establecidas nas condicións xerais de uso da rede social, así como do previsto na presente Política de privacidade e Condicións de uso. O usuario pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición en calquera momento, do xeito descrito no apartado relativo á Política de privacidade e protección de datos de carácter persoal. En todo caso, o usuario poderá deixar de seguir a páxina oficial da rede social seguindo os pasos que se indiquen nas condicións de uso desta e sen que ADAM FOODS poida intervir no proceso. Así mesmo, lémbrase que calquera modificación ou rectificación dos datos do usuario da rede social deberá realizarse a través da configuración de usuario, non de ADAM FOODS. Para realizar calquera consulta en relación co tratamento dos datos dos seguidores dos perfís oficiais de ADAM FOODS en redes sociais, o usuario poderá contactar a través do correo electrónico: info@adamfoods.es.
COMUNICACIÓN DE DATOS A TERCEIROS
Para poder satisfacer as peticións dos usuarios ou as solicitudes de información, así como cumprir as finalidades da recollida de datos, é posible que ADAM FOODS teña que comunicar os datos persoais facilitados polos usuarios ás demais sociedades do grupo ADAM FOODS (CUÉTARA, S.L.U., GALLETAS ARTIACH, S.A.U., GRANJA SAN FRANCISCO, S.L.U., LP FOODIES, S.L.U. e TRIGORICO, S.L.U.), que se poden consultar en calquera momento na páxina web www.adamfoods.es
As sociedades do grupo ADAM FOODS dedícanse á fabricación e comercialización de produtos alimentarios e están situadas en España.
Este aviso legal réxese, en todos e cada un dos seus termos, pola lei española, segundo a cal os xulgados e tribunais competentes para todas as cuestións que xurdan en relación coa interpretación, aplicación e incumprimento da mesma son os españois.